5 1
Product Cachola de porco celta afumada
5/ 5
Cachola de porco celta afumada
  • Cachola de porco celta afumada

Cachola de porco celta afumada

Pezas afumadas con media cacheira (3 kg) ou cachucha enteira (6 kg) de porco celta coa garantía de Asoporcel. Sérvense previo encargo.
Fracción
24,72 €
IVA incluido
Cantidade
Non dispoñible temporalmente

Lembrámosche que podes solicitar o envasado, troceado, afumado, etc. dos produtos que merques. Só tes que indicalo nos comentarios do pedido no momento de realizalo, ou contactando co noso servizo de atención ao cliente.

Porco Celta 100% - Certificado por Asoporcel
 

Gastos de envío e prazos de entrega

 

Dereito de desistimento

 

Condicións xerais de venda

Descrición

Vendemos as cacheiras ou cachuchas afumadas de porco celta previo encargo. O prazo de entrega pode ampliarse ata os 10 días. Se estás interesado en mercar cachola afumada de porco celta recomendámosche que consultes o prazo de entrega co noso servizo de atención ao cliente.

A nosa Cachola de porco celta afumada preséntase en pezas de media cacheira (3 kg aprox.) ou cachucha enteira (6 kg aprox.) de porco 100% celta coa certificación de Asoporcel.

As salgaduras da gama comercial TEIJEIRO SELECCIÓN elabóranse con carne de porco celta, unha raza autóctona de Galicia criada en liberdade e alimentada con cereais, castañas e vexetación dos soutos galegos. Todas as nosas salgaduras comercialízanse sen lactosa, sen proteínas do leite, sen glute, sen sulfitos, sen soia, sen colorantes, sen nitritos e sen nitratos, só se usa sal común.

Están sometidas a rigorosos controis, asegurando así todas as garantías sanitarias no proceso, desde a alimentación do animal ata a chegada do produto ao mercado.

Enviamos as salgaduras empregando TRANSPORTE NORMAL, pero sempre tes a opción de escoller o transporte frigorífico. Na España peninsular, a recepción do pedido producirase o seguinte día hábil, sempre que o pedido se confirme antes das 16:00 horas e, a menos que se faga en sábado, domingo ou festivo, caso no que o pedido tramitarase o primeiro día hábil posterior ao día en que se realizou. Máis información sobre gastos de envío e prazos de entrega na seguinte ligazón.

Detalles do produto

Folla de datos

Raza
Porco Celta
Tamén che pode interesar:
10 produtos máis na mesma categoría: