Secadero de xamóns Cárnicas Teijeiro

SOBRE NÓS

ATESOURANDO SABIDURÍA DENDE 1963

Cárnicas Teijeiro comezou como unha empresa familiar dedicada á produción artesanal e venda de embutidos en Sarria, unha pequena localidade de Galicia, etapa do Camiño de Santiago a 440 metros de altitude sobre o nivel do mar e a 112 km de Santiago de Compostela.

Hoxe, con máis de 50 anos de experiencia e xa na terceira xeración, podemos considerarnos un referente na creación de sabor tradicional. Traballamos frescos, salgados e embutidos de alta calidade, todo o noso xénero é apto para o consumo de celíacos e está avalado polos rigorosos controis de calidade aos que o sometemos.

A filosofía da nosa empresa segue a ser unha técnica totalmente artesanal que vai acompañada de coidado, agarimo, traballo e paixón, coidando detalladamente cada fase do proceso, sendo este o noso selo e sempre tendo presente o noso legado que non podía ser outro que a elaboración sen conservantes nin colorantes, o uso de tripas naturais e as afumadas con leña de carballo natural, razóns polas que os produtos de Cárnicas Teijeiro son eloxiados polos nosos clientes.

As razas coas que traballamos son Porco Branco e Porco Celta en porcos, e Tenreira de raza Rubia en vacún, o Porco Celta 100% autóctono de Galicia.

Galería de fotos