OBSESIÓN E COMPROMISO COA CALIDADE
As razas coas que traballamos son Porco e Porco celta en porcos e Tenreira do val de Sarria da raza Rubia en gando vacún, as dúas últimas 100% naturais de Galicia:
TEIJEIRO
Desde 1963 ofrecemos aos nosos clientes a mellor selección de carne de porco cun amplo catálogo de produtos de primeira calidade preparados e curados con agarimo e coidado. Entre eles están os nosos salgados e embutidos atados a man, elaborados sen conservantes nin colorantes, e aptos para celíacos, xa que están libres de glute e lactosa.
Todos están sometidos a rigorosos controis, asegurando así todas as garantías sanitarias no proceso, desde a alimentación do animal ata a chegada do produto ao mercado.
TEIJEIRO SELECCIÓN
O proxecto de RECUPERACIÓN DO CERDO CELTA de Cárnicas Teijeiro naceu:
- Dos castiñeiros galegos, onde os Porcos celtas conviven coa natureza como parte dun ecosistema único nas terras galegas.
- Das raíces dunha raza a súa terra que soubo superar un dos momentos máis duros da súa historia na que a produtividade e a rendibilidade prevaleceron sobre a calidade, case levándoa á súa extinción.
- Do compromiso e traballo para manter a pureza e calidade dunha raza.
- Do saber facer dunha empresa que xeración tras xeración soubo salvagardar a tradición e sabedoría dun pobo.
Hoxe, este proxecto non só representa a recuperación dunha raza autóctona, senón tamén a preservación dun legado cultural e gastronómico que enriquece a identidade de Galicia, ofrecendo produtos únicos que conectan coa esencia da nosa terra
CERCEL
Dende o inicio da recuperación da raza de porco celta fomos pioneiros en transferir a tradición e a experiencia de salgaduras e embutidos ao Porco celta e devolver ás casas o sabor autóctono e natural da gastronomía galega máis antiga. Comezamos a traballar na elaboración de produtos desta raza bautizándoos como Teijeiro Selección.
Non contentos con isto, quixemos dar un paso máis e coa reselección das carnes magras e un tempo de curación máis longo lanzamos unha gama gourmet que apelidamos CERCEL.
TEIJEIRO TERNERA
O coidado tanto na reprodución coma na alimentación permítenos ofrecer unha excelente Tenreira autóctona de Galicia da raza Rubia.
Procedente do val de Sarria, a nosa carne ten o xusto equilibrio entre magro e graxa cunha textura suave. Non se somete a ningún outro tratamento que non sexa cámara fría, onde non permanece máis de 10 días, para garantir a conservación do seu intenso sabor e satisfacer así os padais máis esixentes de todo o mundo.