COMO PODO ABARATAR OS GASTOS DE ENVÍO?
Se o teu pedido inclúe algún produto que require transporte frigorífico, por defecto enviarase usando este tipo de transporte cuxos custos son algo máis altos. Se tamén inclúes no teu pedio algún produto que se pode enviar por transporte seco, recomendámosche que intentes dividilo en dous, o primeiro cos produtos frescos para enviar por transporte frigorífico e o segundo co resto de produtos.
O sistema calcula os custos de envío automaticamente en función do peso dos produtos, polo que a opción de realizar dous pedidos será rendible cando o peso dos produtos que non precisen transporte frigorífico sexa elevado. En calquera caso, recomendámosche que probes as dúas opcións para descubrir cal é a máis barata para ti. Aquí explicámoscho cun exemplo:
- Un pedido con destino Salamanca e composto por dous xamóns e un chuletón ten un custo de envío de 28,05 € empregando transporte frigorífico.
- Se dividimos o pedido en dous, podemos reducir os custos de envío en cerca de 9 €:
- Dous xamóns enviados a Salamanca mediante transporte seco teñen un custo de envío de 7,74 €.
- Un chuletón enviado a Salamanca por transporte frigorífico supón pagar 11,68 € en gastos de envío.
Cárnicas Teijeiro, S.L. realiza envíos empregando transporte frigorífico só aos seguintes países:
- España (agás Canarias, Ceuta e Melilla).
- Portugal (agás Azores e Madeira).
- Francia (agás Córcega e Territorios de Ultramar).
O transporte frigorífico é adecuado para o envío de produtos frescos que requiren almacenamento en frío. Ten un custo superior ao do transporte seco e o importe é calculado automaticamente polo sistema tendo en conta o peso total dos produtos e o destino. Cando un pedido inclúe un ou máis produtos que requiren almacenamento en frío, como os frescos, enviarase por transporte frigorífico, cumprindo así a normativa de transporte e garantindo a recepción do pedido en óptimas condicións.
O transporte a temperatura controlada é esencial para manter a frescura dos teus produtos. Con SEUR Frío tes a seguridade de que a túa mercancía chegará ao seu destino nas mellores condicións:
- Temperatura controlada: o transporte máis seguro para produtos que requiren unha temperatura controlada entre + 2ºC e + 8ºC.
- Servizos preferentes: entrega garantida polo servizo preferente SEUR 14:00, porque damos prioridade absoluta aos teus envíos.
- Transportes especiais: SEUR usa medios especiais para manter a temperatura da mercadoría que necesitan os teus produtos, desde a recollida ata a entrega en destino.
- Cobertura: España continental e Illas Baleares.
- Entrega preferente: entregamos pola mañá, na península ao día seguinte e nas Illas Baleares en 48 horas. Entregaremos o sábado se é necesario.
- Máxima garantía: grazas a rigorosos controis térmicos baseados na tecnoloxía IoT e sistemas de xestión de alertas en liña, garantimos o transporte en frío entre 2 e 8ºC. Tamén cumprimos as correspondentes autorizacións sanitarias técnicas.
Prazo de entrega: agás erro no noso sistema, todos os produtos que aparecen na nosa páxina web co distintivo "En Stock" están dispoñibles para o seu envío inmediato, de xeito que na España peninsular a recepción do pedido terá lugar o seguinte día hábil antes das 14:00 horas, sempre que o pedido se confirme antes das 16:00 horas e, a menos que se faga en venres, sábados, domingos, festivos ou vésperas de festivos, caso no que o pedido tramitarase o primeiro día hábil despois do día da realización.
A continuación deixámosche os gastos de envío en transporte frigorífico en función dos diferentes destinos e pesos:
- Zona 1 (Z1): A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Asturias e León.
- Zona 2 (Z2): Álava, Ávila, Burgos, Cáceres, Guadalajara, Gipuzcoa, La Rioja, Madrid, Palencia, Salamanca, Cantabria, Segovia, Soria, Toledo, Valladolid, Bizcaia e Zamora.
- Zona 3 (Z3): Albacete, Alicante, Almería, Badajoz, Barcelona, Cádiz, Castellón, Ciudad Real, Córdoba, Cuenca, Girona, Granada, Huelva, Huesca, Jaén, Lleida, Málaga, Murcia, Navarra, Sevilla, Tarragona, Teruel, Valencia e Zaragoza.
- Zona 4 (Z4): Baleares.
- Zona 5 (Z5): Portugal (agás Azores e Madeira).
Canarias, Ceuta e Melilla: non se realizan envíos a estas rexións debido aos altos custos. Podes contactar co noso servizo ao cliente se aínda así queres que che enviemos un pedido a unha destas áreas.
Peso en Kg | Prezo en Euros | ||
Z1 | Z2 | Z3 | |
Ata 3 kg | 9,27 € | 11,68 € | 13,34 € |
3 a 5 | 10,76 € | 12,98 € | 15,12 € |
5 a 10 | 14,55 € | 18,53 € | 21,83 € |
10 a 15 | 22,05 € | 28,05 € | 33,34 € |
15 a 20 | 28,24 € | 35,90 € | 42,86 € |
20 a 25 | 32,54 € | 42,28 € | 50,73 € |
25 a 30 | 36,85 € | 48,68 € | 58,59 € |
Peso en Kg | Prezo en Euros | ||
Z4 | Z5 | Z6 | |
Ata 3 kg | 27,67 € | 11,84 € | - |
3 a 5 | 35,64 € | 13,61 € | - |
5 a 10 | 55,51 € | 19,46 € | - |
10 a 15 | 75,36 € | 29,45 € | - |
15 a 20 | 95,22 € | 37,69 € | - |
20 a 25 | 116,87 € | 44,34 € | - |
25 a 30 | 138,51 € | 50,98 € | - |
Para pesos superiores a 30 kg debes incrementar as seguintes cantidades por cada kg adicional:
- Z1: 0,79 €/kg
- Z2: 1,09 €/kg
- Z3: 1,34 €/kg
- Z4: 3,87 €/kg
- Z5: 1,14 €/kg
Por exemplo, o custo dun envío de 40 kg a Cádiz (Z3) sería: 58,59 + 10 x 1,34 = 71,99 €.