5 1
Product Entrañas de tenreira
5/ 5
Entrañas de tenreira
  • Entrañas de tenreira

Entrañas de tenreira

Peza de máis ou menos 250 gramos de entrañas de tenreira de raza rubia
2,30 €
IVA incluido
Cantidade
Non dispoñible temporalmente

Lembrámosche que podes solicitar o envasado, troceado, afumado, etc. dos produtos que merques. Só tes que indicalo nos comentarios do pedido no momento de realizalo, ou contactando co noso servizo de atención ao cliente.

 

Gastos de envío e prazos de entrega

 

Dereito de desistimento

 

Condicións xerais de venda

Descrición

Ofrecémosche as nosas entrañas de tenreira de raza rubia de máxima calidade en pezas de máis ou menos 250 gramos.

As entrañas de tenreira son unha peza da parte interna das costelas dos nosos becerros, para entendernos mellor, sería o músculo diafragma. De cada tenreiro pódense sacar como máximo dúas pezas desta carne fabulosa, e cunha relación calidade-prezo excepcional.

O coidado tanto na reprodución coma na alimentación permítenos ofrecer unha excelente carne de Tenreira de raza rubia. A nosa carne ten o xusto equilibrio entre magro e graxa cunha textura suave.

Os nosos produtos non se someten a ningún tratamento que non sexa cámara fría, sen lactosa, proteínas do leite, glute, sulfitos, soia, colorantes, conservantes, nitritos e nitratos. Están suxeitos a controis rigorosos, asegurando así todas as garantías sanitarias no proceso, desde a alimentación do animal ata a chegada do produto ao mercado.

Enviamos os produtos frescos empregando transporte frigorífico. Na España Peninsular, a recepción do pedido producirase o seguinte día hábil antes das 13:30 horas, sempre que o pedido se confirme antes das 16:00 horas e, a menos que se faga en venres, sábado, domingo ou festivo, caso no que o pedido tramitarase o primeiro día hábil posterior ao día en que se realizou. Máis información sobre gastos de envío e prazos de entrega na seguinte ligazón.

Detalles do produto
Tamén che pode interesar:
20 produtos máis na mesma categoría: