5 1
Product Entrecoto de tenreira
5/ 5
Entrecoto de tenreira raza rubia autóctona de Galicia
  • Entrecoto de tenreira raza rubia autóctona de Galicia

Entrecoto de tenreira

030014
Pezas de 200 gramos de Entrecoto de tenreira de raza rubia
Peso
IVA incluido
Cantidade
Consultar prazo de entrega

Lembrámosche que podes solicitar o envasado, troceado, afumado, etc. dos produtos que merques. Só tes que indicalo nos comentarios do pedido no momento de realizalo, ou contactando co noso servizo de atención ao cliente.

 

Gastos de envío e prazos de entrega

 

Dereito de desistimento

 

Condicións xerais de venda

Descrición

Ofrecémosche o noso entrecoto de tenreira de raza rubia de primeira calidade en pezas de aproximadamente 200 gramos.

O termo entrecoto provén do francés "entrecôte" e significa "entre as costelas". Esta é a carne que se atopa entre os ósos da costeleta e que normalmente se toma do lombo. É a peza máis nobre despois do solombo e a graxa veteada que ten é a clave do seu sabor zumarento e forte.

O coidado tanto na reprodución coma na alimentación permítenos ofrecer unha excelente carne de Tenreira de raza rubia. A nosa carne ten o xusto equilibrio entre magro e graxa cunha textura suave.

Os nosos produtos non se someten a ningún tratamento que non sexa cámara fría, sen lactosa, proteínas do leite, glute, sulfitos, soia, colorantes, conservantes, nitritos e nitratos. Están suxeitos a controis rigorosos, asegurando así todas as garantías sanitarias no proceso, desde a alimentación do animal ata a chegada do produto ao mercado.

Enviamos os produtos frescos empregando transporte frigorífico. Na España Peninsular, a recepción do pedido producirase o seguinte día hábil antes das 13:30 horas, sempre que o pedido se confirme antes das 16:00 horas e, a menos que se faga en venres, sábado, domingo ou festivo, caso no que o pedido tramitarase o primeiro día hábil posterior ao día en que se realizou. Máis información sobre gastos de envío e prazos de entrega na seguinte ligazón.

Detalles do produto
030014
Tamén che pode interesar:
20 produtos máis na mesma categoría: