5 1
Product Solombo de tenreira
5/ 5
Solombo de tenreira raza rubia autóctona de Galicia
  • Solombo de tenreira raza rubia autóctona de Galicia

Solombo de tenreira

030009
Pezas de 200 ou 500 gramos de solombo de tenreira de raza rubia
Peso
IVA incluido
Cantidade
Dispoñible únicamente por encargo

Lembrámosche que podes solicitar o envasado, troceado, afumado, etc. dos produtos que merques. Só tes que indicalo nos comentarios do pedido no momento de realizalo, ou contactando co noso servizo de atención ao cliente.

 

Gastos de envío e prazos de entrega

 

Dereito de desistimento

 

Condicións xerais de venda

Descrición

Ofrecémosche os nosos solombos de tenreira de rubia de máxima calidade en pezas de 200 e 500 gramos.

O solombo é unha das pezas de tenreira máis apreciadas por ser unha carne moi tenra. Procedente da parte lumbar, situada entre as costelas inferiores e a columna vertebral, xusto por riba da columna inferior, de aí o nome de so-lombo.

O coidado tanto na reprodución coma na alimentación permítenos ofrecer unha excelente carne de Tenreira de raza rubia. A nosa carne ten o xusto equilibrio entre magro e graxa cunha textura suave.

Os nosos produtos non se someten a ningún tratamento que non sexa cámara fría, sen lactosa, proteínas do leite, glute, sulfitos, soia, colorantes, conservantes, nitritos e nitratos. Están suxeitos a controis rigorosos, asegurando así todas as garantías sanitarias no proceso, desde a alimentación do animal ata a chegada do produto ao mercado.

Enviamos os produtos frescos empregando transporte frigorífico. Na España Peninsular, a recepción do pedido producirase o seguinte día hábil antes das 13:30 horas, sempre que o pedido se confirme antes das 16:00 horas e, a menos que se faga en venres, sábado, domingo ou festivo, caso no que o pedido tramitarase o primeiro día hábil posterior ao día en que se realizou. Máis información sobre gastos de envío e prazos de entrega na seguinte ligazón.

Detalles do produto
030009

Referencias específicas

EAN13
8436554883080
Tamén che pode interesar:
20 produtos máis na mesma categoría: