5 1
Product Xamón porco celta reserva
5/ 5
Xamón porco celta reserva
  • Xamón porco celta reserva
  • Xamón porco celta reserva

Xamón porco celta reserva

029008

Pezas de entre 7 e 8 kg de xamón de porco celta 100% cunha curación mínima de 24 meses e certificado por Asoporcel

204,20 €
IVA incluido Entrega en 24-48 horas
Cantidade
En stock

Lembrámosche que podes solicitar o envasado, troceado, afumado, etc. dos produtos que merques. Só tes que indicalo nos comentarios do pedido no momento de realizalo, ou contactando co noso servizo de atención ao cliente.

Porco Celta 100% - Certificado por Asoporcel
 

Gastos de envío e prazos de entrega

 

Dereito de desistimento

 

Condicións xerais de venda

Descrición

O noso xamón de porco celta reserva preséntase en pezas de entre 7 e 8 kg, cunha curación mínima de 24 meses. Debido á raza e ao sistema de cría en liberdade, o noso xamón de porco Celta Reserva ten un gran valor nutricional debido ao seu contido en ácidos graxos insaturados e ácido oleico. Moi recomendable para unha dieta equilibrada.

Excepción: contén conservantes e antioxidantes, pero está libre de alérxenos, glute e lactosa.

As salgaduras da gama comercial TEIJEIRO SELECCIÓN elabóranse con carne de porco celta, unha raza autóctona de Galicia criada en liberdade e alimentada con cereais, castañas e vexetación dos soutos galegos. Todas as nosas salgaduras comercialízanse sen lactosa, sen proteínas do leite, sen glute, sen sulfitos, sen soia, sen colorantes, sen nitritos e sen nitratos, só se usa sal común.

Están sometidas a rigorosos controis, asegurando así todas as garantías sanitarias no proceso, desde a alimentación do animal ata a chegada do produto ao mercado.

Enviamos as salgaduras empregando TRANSPORTE NORMAL, pero sempre tes a opción de escoller o transporte frigorífico. Na España peninsular, a recepción do pedido producirase o seguinte día hábil, sempre que o pedido se confirme antes das 16:00 horas e, a menos que se faga en sábado, domingo ou festivo, caso no que o pedido tramitarase o primeiro día hábil posterior ao día en que se realizou. Máis información sobre gastos de envío e prazos de entrega na seguinte ligazón.

Detalles do produto
029008

Folla de datos

Raza
Porco Celta
Tamén che pode interesar:
9 produtos máis na mesma categoría: